Unha disparatada aventura de amizade e un divertido xogo cos nomes e cos sons.
Este XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado é unha obra fresca e divertida que amosa a cara máis lúdica da infancia, unha etapa na que a amizade e a felicidade son compoñentes esenciais. Tanto no texto como nas ilustracións están presentes de forma harmónica o xogo, a liberdade, o movemento, a experimentación fonética e o humor.
O relato, sinxelo e musical, apóiase en recursos da tradición oral como os acumulativos e as repeticións, unidos a xogos fonéticos propios das vangardas.
Conta cun ritmo vibrante que anima a continuar a súa lectura ata o final. Plasticamente destacan as imaxes de trazo libre que xogan co espazo e coas cores.